«…PITAS, PITAS…» PETISQUIÑO EN GALIPIZZA VIGO

Do 25 de outubro ao 11 de novembro Vigo celebra a 5ª edición do seu Concurso de Tapas ‘PETISQUIÑO’, organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra FEPROHOS, que desde 1977 promove o desenvolvemento económico e social do sector da hostalería e o turismo na provincia de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vigo.

Na edición deste ano concursan 62 tapas, entre a que destaca a nosa “…Pitas, Pitas…”, así que non deixes de vir probala a Galipizza Vigo (Rosalía de Castro, 48) por 2,50€.

Facebooktwittermail