HOXE É DÍA DO QUEIXO DE FRIOL…

Os Domingos sempre son «Días de Galipizza»…!!

E hoxe 24 de marzo, mentres se celebra en Friol a súa 27ª Festa do Queixo de Friol e Pan de Ousá, aquí celebrámolo coa nosa Galipizza de Friol, con salsa de tomate, ovos rotos con paleta ibérica, queixo afumado galego, queixo de Friol, tomates cherry e allos tenros.

Situado ao pé de Lugo, Friol é un dos Concellos máis grandes de Galicia, famoso pola súa gastronomía, por ser unha Terra de Queixo e Pan… Ata alí fomos buscar o seu afamado queixo para darlle forma a unha das nosas pizzas con maior aceptación… Ademais de bonita na foto está riquísssima, tes que probala!!

Facebooktwittermail