GALIPIZZEANDO CON DAVID AMOR E COMPAÑÍA NA TVG

http://www.crtvg.es/informativos/nadal-con-amor-e-compania

O 29 de decembro emitiuse na Televisión de Galicia o programa especial “Con Amor e Compañía”, un programa protagonizado por David Amor, que celebra o Nadal cun especial para toda a familia, onde están asegurados o humor, a música e o entretemento.

Despois de moitos anos intentándoo, David Amor logra reunir un bo grupo de grandes amigos para unha cea. Con todo, foi aprazando todo ata a última hora e non ten nada para ofrecerlles aos convidados. Para solucionar este enredo conta con Isi, Federico Pérez, Iria Pinheiro, Marcos Pereiro, Isabel Risco, as actrices Sabela Arán e María Castro, o actor Toni Salgado e o grupo musical De Vacas.

O mestre de cerimonias deste especial recrea con moito humor algunhas das situacións cotiás que se viven nestas datas. Ademais, ofrece entrevistas, conexións, consellos, cámaras ocultas con nenos e tamén moitas panxoliñas.

No último momento GALIPIZZA convértese nun factor determinante da noite, salvando a cea de Nadal! Así vivimos a grabación do programa, coa nosa Evangelina en plan estrela no plató! 😉

http://www.crtvg.es/tvg/programas/con-amor-e-compania

       

Facebooktwittermail