AS 2 MARÍAS… EN GALIPIZZA NO SANTIAGOéTAPAS

Desde hoxe “ás 2 en punto” temos un cita en Galipizza Santiago de Compostela para celebrar a XI edición do Concurso Santiago(é)Tapas.

Do 15 de novembro ao 2 de decembro concursamos coa nosa tapa “AS DÚAS MARÍAS”, coa que rendemos homenaxe gastronómico ás Irmás Maruxa e Coralia Fandiño; tamén “As Marías”, “As dúas Marías” ou “As dúas en punto”, son os nomes cos que se coñece en Santiago de Compostela á parella formada por estas famosas irmás, representadas dende 1994 nunha célebre escultura situada no parque da Alameda. (ver historia)

Cremos que facemos unha homenaxe de honra: Mini Burger de solombo de Galo Celta de Viladecruces, queixo de Arzúa, salsa de tomate caseira, grelos e langostinos ao allo; nun pan de elaboración propia feito con Fariña de Carral e Auga de Mar da Costa da Morte, e acompañada de patacas asadas con cebola e pementos ao xeito tradicional.

Lembra que podes votar a túa tapa favorita no propio pousavasos que che entregamos coa consumición, e logo podes depositalo na urna do concurso que temos en Galipizza Santiago. As 10 tapas mellor valoradas polo xurado pasarán a unha final que se poderán degustar entre o 7 e o 9 de decembro.

Galipizzeamos? E de paso facemos o “Paseo e Tapeo das 2 en punto”…

Facebooktwittermail