PREMIOS DO CONCURSO «MURO DAS LETRAS GALEGAS»

E despois de 202 frases recibidas dentro do prazo (e outras +200 fora de prazo)… Xa temos gañador@s do noso concurso «Muro das Letras Galegas»!!! Estas 3 frases decorarán o último muro do noso local da Praza de Galicia na Coruña, pero ademáis gañan os 3 premios especiais:

1º PREMIO:

«Despois dunha sesión de sacho
vou chimpando a Galipizza
para arramblar co mellor cacho
dos sabores da nosa Galiza»

Esta frase que nos enviou Beatriz E. de Vigo vía Twitter foi a que consideramos 1º PREMIO do noso Concurso do «Muro das Letras Galegas», que gañará 2 noites (2 persoas) na «Casa do Batán», un dos hoteis con encanto máis valorados de España, situado en Chavín (Viveiro); 1 comida gratis para 2 persoas en «As Tixolas» Covas (Viveiro) e 1 1 cea gratis para 2 persoas en «Galipizza Covas» (Viveiro), o local onde comezou a nosa historia hai 25 anos. PARABÉNS BEATRIZ!

2º PREMIO:

«Adeus pizzas, adeus tapas.
Adeus produtos galegos;
adeus Galipizza dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos»

Esta frase que Juan Segade nos enviou por Instagram aparecerá no Muro das Letras Galegas no local da Coruña e recibirá o 2º PREMIO: 1 comida ou cea gratis para 2 persoas en calquera local de «Galipizza» (Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago, Vigo ou A Coruña). NORABOA JUAN!!

3º PREMIO:

«Heiche de contar un conto:
na Galipizza tal vin:
unha pizza coma unha roda
e un boliño de violín»

Esta frase que Cristian González nos enviou por Instagram recibirá aparecerá no Muro das Letras Galegas no local da Coruña e acadou o 3º PREMIO, agraciado con 1 comida ou cea gratis para 2 persoas en calquera local de «Galipizza» (Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago, Vigo ou A Coruña). NORABOA CRISTIAN!!

 

Facebooktwittermail