A Familia Galipizza deséxavos Felicidade e Fartura para este Nadal e todo o ano 2019!
«Vaite logo meu ninín / miña neniña;
marcha agora pra a camiña;
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e vai vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.»
Conta a lenda que o Apalpador é un mítico personaxe da tradición popular galega, nado no Courel, ligado ás festas do Nadal…
É un xigante carboeiro, grandullón, bo, de mirada doce e longas barbas coloradas, que durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, da caza de xabaríns, que recolle mel e fai aparecer coas ramas dos bosques os xoguetes que as madeiras esconden…
O Apalpador baixa na noite do 24 de decembro para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles «así estexas todo o ano».