OS LUNS… ENRÓSCATE EN GALIPIZZA

Tra-los Martes do Demo, Mércores de Fariña, Xoves de Tapeo… Venres, Sábado e Domingo de Galipizza… por fin completamos o círculo semanal en Galipizza coa nova oferta dos luns!!!

Esta ROSCA de Galipizza está rechea de carne picada, beicon, queixo afumado galego, tomate cherry e ovo cocido… e sérvese con 2 salsas para dipear! E está elaborada con Fariña de Carral e Auga de Mar da Costa da Morte (como os Fardiños)…

Auga de Mar?? Pois si… a auga de mar é ideal para elaborar as nosas masas porque axuda a potenciar o sabor aportando un perfecto punto de sal (36 gr/litro). A Auga de Mar BRÉTEMA procede do acantilado litoral da Costa da Morte, con temperaturas baixas e correntes provintes do Atlántico Norte Central que aportan a estas augas características únicas: é máis saudable (rica en minerais e nutrientes, con máis de 80 elementos de valor para a saúde humana e sen aditivos químicos) e axuda a que os alimentos permanezan durante máis tempo coas propiedades inalteradas e en perfecto estado de utilización.

Un novo formato ideal para compartir e que lanzamos ao prezo especial de 5,50€, tanto en local como nos pedidos a domicilio!

Xa sabes, a partir de agora os luns Galipizzearemos de ROSCA: enROSCAte!!

BENEFICIOS FÍSICOS DA AGUA DE MAR:

  • contén tódolos elementos da táboa periódica, sendo un excelente medio de sustancias beneficiosas para o noso organismo
  • ten propiedades antibióticas e bactericidas así coma cicatrizantes polo que é muy efectiva en pequenas feridas e inflamacións de mucosas
  • pode convertirse nun soro rehidratante moi útil no caso de deshidratación por gastroenterite ou, simplemente despois de practicar deporte, xa que polos nutrientes que conté axuda á recuperación muscular

Máis info en: www.augasdemar.com

Facebooktwittermail